DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS

DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS.

Autor/es

  • EAN: 9788419213433
  • ISBN: 978-84-19213-43-3
  • Editorial: FAKTORIA DE LIBROS
  • Traductor: ALONSO SEISDEDOS, MARÍA
  • Encuadernación: Rústica (tapa blanda)
  • Medidas: 135 X 205 mm.
  • Páginas: 200
  • Materias: narrativa

valoración (0 Comentarios)
Comenta y valora este libro

Disponible 2 días

pvp 17,00 €


Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.

A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións.

Despois do éxito internacional de “Canto eu e a montaña baila”, traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética.

A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premio de Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súa tradución de “Canto eu e a montaña baila”.

Otros libros del mismo autor