OCULTOS. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

OCULTOS. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS.

Autor/es

  • EAN: 9788415250418
  • ISBN: 978-84-15250-41-8
  • Editorial: FAKTORIA DE LIBROS
  • Encuadernación: Cartoné (tapa dura)
  • Medidas: 240 X 340 mm.
  • Páginas: 32
  • Materias: conocimiento

valoración (0 Comentarios)
Comenta y valora este libro

Disponible 2 días

pvp 17,00 €


Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas.

Na natureza todo está en cambio perpetuo. As especies evolucionan mediante a selección natural para adaptarse ao ecosistema no que viven. Pero antes ou despois, o ecosistema tamén cambia e, como consecuencia, algunhas especies -antes moi ben adaptadas- son incapaces de sobrevivir no novo ambiente e acaban extinguíndose. Mentres, outras máis versátiles ocupan o seu lugar e comezan outra etapa de adaptación ás novas condicións. Nos ecosistemas máis intrincados, como selvas e arrecifes de coral, proliferan animais capaces de ocultarse no contorno. A evolución destas especies favoreceu a produción de adaptacións que lles permiten pasar desapercibidas.

Despois de “Bocas”, “Nacer” e “Construtores”, “Ocultos” céntrase -coas súas soberbias ilustracións- nalgúns dos máis espectaculares exemplos de camuflaxe e mimetismo. En próximas entregas da colección ‘Animais extraordinarios’ amosaranse as viaxes máis longas e os sentidos máis agudos.

Otros libros del mismo autor