CARBALLEIRA, PAULA

Paula Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: «A percura» (1990); «Robín e a boa xente» (1995); «Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima» (1996); «Mateo» (1999); «Olo-iepu-iepu» (1999); «Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico» (Xerais 1999); «Paco» (2001); «Correo urxente» (2001); «O ganso pardo» (2002); «A era de Lázaro» (2004); «Smara» (2006); «A casa redonda» (2008); «As outras historias» (2011); «Casas» (2012); «O principio»; «A burra Ramona» (2013), «Bruxa e familia» (2017) ou «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (Xerais 2021). Como dramaturga publicou «Boas noites» (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; «Alicia & Alicia» (2010); «Pressing catch» (2010); «A folla máis alta» (2012); «O refugallo» (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; e «Somos os monstros» (Xerais 2019), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018. Ten publicado, tamén, o poemario «Contatrás» (2006).


Libros de CARBALLEIRA, PAULA 4 libros.

SMARA

¡VUELA!


SMARA

¡VUELA!