FERREIRO, CELSO EMILIO

Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949, publicou " O soño sulagado " (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu " Longa noite de pedra " (1962, Xerais 1990, Xerais 2002). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man en man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que escribiu " Viaxe ao País dos Ananos " (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en " Cantigas de escarnio e maldicir " (1968), no romance de cego " Paco Pixiñas " (1970), en " Os autentes " (1973) e mais en " Antipoemas " (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios " Cimenterio privado " (1973), " Onde o mundo se chama Celanova " (1975, Xerais 1991) e o " Libro dos homenaxes " (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: " A fronteira infinda " (1972, Xerais 1988) e " A taberna do galo " (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento, Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicado os volumes " Obra narrativa " (Xerais 2003), " Poesía galega completa " (Xerais 2004), " Semblanzas, crónicas e artigos " (Xerais 2005) e, agora, " Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) " (Xerais 2020).


Libros de FERREIRO, CELSO EMILIO 2 libros.

LA TABERNA DEL GALO

O SOÑO SULAGADO


LA TABERNA DEL GALO

O SOÑO SULAGADO