LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos " Algúns outros " (1991); " Da esfinxe " (1992); " As paisaxes compartidas " (1996), Premio Carvalho Calero; " Noites de papel " (1997), Premio Café Dublín; " Infidelicidades " (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas " Arqueofaxia " (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; " O xardín das pedras flotantes " (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e " Cegoñas ao fondo da ría " (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas " No outono das fragas " (1995); " Tanis I o Mocos " (Xerais 1998); " O que é a vida " (Xerais 2001); " Estanislao, príncipe de Sofrovia " (Xerais 2002); " Irmán do vento " (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; " Ela atopa un nome " (2005); " Unha pantasma no colexio " (2006); " O día despois do día " (2007); " Mundo Arb " (2011), Premio O Barco de Vapor; " Flor de área " (Xerais 2013) e " Ceiba de Luz " (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou " Animais de compañía " (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; " O patadón " (2001 Xerais); " Piñeco " (2004), e unha versión do clásico " A leiteira " (1999). No campo do teatro, é autor de " Auto do Entroido " (1995), Premio O Facho e " A música da noite " (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como " Muralla de Cresconio 2 " , " Galicia Solidariedade " , " Premios Pedrón de Ouro 1990-1991 " , " Unha liña no ceo. 58 narradores galegos " , " Novo do trinque " , " Contos de chistes, portas e sorrisos " , " Educación e Paz III. Literatura galega pola paz " , " Limiaxinacións " , e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor " Retranca " (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.


Libros de LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL 1 libros.

ELLA ENCUENTRA UN HOMBRE


ELLA ENCUENTRA UN HOMBRE