MURADO, MIGUEL-ANXO

Miguel-Anxo Murado (Lugo,1965), é autor de máis de vinte títulos de narrativa e poesía. Entre os seus libros de relatos destaca " Ruído, relatos de guerra " , " Mércores de cinza " e " Memoria de derribos " . En canto á poesía, é autor de " Lapidario dos Heterodoxos " e " Bestiario dos Descontentos " e tamén de ensaios, libros de viaxes e recompilacións de artigos. En 1996 recibiu o premio Arcebispo San Clemente. Publicou dúas obras de teatro xa representadas: " A grande noite de Fiz " (Xerais) e " Historias peregrinas " . Como xornalista, cubriu as guerras de Croacia e Bosnia e a Segunda Intifada palestina. Residiu en Oriente Medio varios anos, onde traballou como oficial de prensa das Nacións Unidas e no goberno palestino, e como correspondente do diario " El Mundo " . Actualmente é columnista de " La Voz de Galicia " . Paralelamente, desenvolveu unha intensa actividade como guionista de cinema e televisión. Recibiu en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guións cinematográficos.


Libros de MURADO, MIGUEL-ANXO 5 libros.

OTRA IDEA DE GALICIA

MIERCOLES DE CENIZA

LA INVENCIÓN DEL PASADO

OTRA IDEA DE GALICIA

FIN DE SIGLO EN PALESTINA


OTRA IDEA DE GALICIA

MIERCOLES DE CENIZA

LA INVENCIÓN DEL PASADO

OTRA IDEA DE GALICIA

FIN DE SIGLO EN PALESTINA