NEGRO, CARLOS

(Carlos Negro (Lalín, 1970) iniciouse no xénero poético con As laranxas de alí babá (1998). En Xerais ten publicado Far-West (2001); Makinaria (2009); Penúltimas tendencias (2014), Premio da AELG á mellor obra de literatura infantil e xuvenil; Masculino singular (2016) ou Aplicación instantánea (2018), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Recibiu tamén o Premio Johán Carballeira polo poemario Héleris (2003), o Victoriano Taibo por Cultivos transxénicos (2008) e o Fiz Vergara Vilariño por Tundra (2017).
Ensaiou o xénero satírico no dicionario Abelcebú (2010), de carácter burlesco.
Nos últimos anos vén desempeñando un continuo labor de achegamento da poesía ao público xuvenil, a través de recitais e obradoiros por toda Galicia. En 2018 recibiu o Premio dos Clubs de Lectura que outorga a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ao autor máis lido do ano 2017.
Non cantan paxaros neste bosque (Xerais, 2021) é a súa última obra.


Libros de NEGRO, CARLOS 1 libros.

MASCULINO SINGULAR


MASCULINO SINGULAR