OTERO, INMA

Inma Otero Varela (Carral, 1976) é licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega. Actualmente traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES David Buján de Cambre. Foi lectora de galego na Universidade La Sapienza de Roma entre 2003 e 2008. Colabora como crítica literaria no suplemento «Sermos» do xornal «Nós Diario», en «Grial» e na web italiana «Insula Europea», entre outros medios. Combina estas tarefas coa investigación literaria, a tradución e o ensaio, desde o interese polos cruzamentos entre a literatura e a filosofía, como xa amosaba a memoria de licenciatura «O posmodernismo no sistema literario galego» (2007). Algunhas das súas publicacións no eido da literatura son o monográfico «Criminal. Eu é. Dúas novelas de Xurxo Borrazás» (2000) e «A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura» en «Anotacións sobre literatura e filosofía», nº 6 (2014). No ámbito da filosofía traduciu a obra «Emerxencia» de Maurizio Ferraris (2017) e publicou «O obxecto muller e o xiro ontolóxico» (2021).
«A materialidade das fillas de Lupa» (Xerais, 2022) é o seu último libro publicado.


Libros de OTERO, INMA 1 libros.

A MATERIALIDADE DAS FILLAS DE LUPA


A MATERIALIDADE DAS FILLAS DE LUPA