PATO, CHUS

Chus Pato publicou os seguintes libros: Urania (Ourense, Calpurnia, 1991), Heloísa (A Coruña, Espiral Maior, 1994), Fascinio (Muros, Toxosoutos, 1995), Nínive (Vigo, Edicións Xerais, 1996), A ponte das poldras (Santiago de Compostela, Noitarenga, 1996; 2ª ed.: Vigo, Galaxia, 2006), m-Talá (Vigo, Edicións Xerais, 2000), Charenton (Vigo, Edicións Xerais, 2003), Hordas de escritura (Vigo, Edicións Xerais, 2008), Secesión ( Vigo, Galaxia, 2009) e a antoloxía sonora Nacer é unha república de árbores (Cumio. Pontevedra, 2011) . A Erín Moure débenselle os catro volumes con traducións ao inglés: From m-Talá (Vancouver, Nomados, 2003),Charenton (Exeter y Ottawa, Shearsman Books & BuschekBooks, 2007) m-Talá (Exeter y Ottawa, Shearsman Books & BuschekBooks, 2009) y Hordes of writing (Exeter y Ottawa, Shearsman Books & BuschekBooks, 2011) Iris Cochón é autora dunha antoloxía da súa obra, con tradución da lingua galega orixinal ao español, Un Ganges de palabras (Málaga, Puerta del Mar, 2003). Xosé Manuel Trigo traduciu Heloísa tamén ao español (Madrid, Ediciones La Palma, 1998)). Teresa Arijón e Bárbara Belloc traduciron igualmente ao español m-Talá (Buenos Aires, pato en la cara, 2009) A poesía de Chus Pato conta así mesmo con traducións ao portugués, ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, ao árabe clásico e a outros idiomas e está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional entre as que destacamos: Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000) (Lugo, Arturo Casas editor, Tris Tram, 2003), Pótwysep w wierszach (Warszawa, Wydawnictwo Ksiazkowe IBIS, 2006), New European poets (Saint Paul, Minesota, Wayne Miller and Kevin Prufer, Graywolf Press, 2008), Poeti spagnoli contemporanei (Alessandria, Emilio Coco, Edizioni dell´Orso, 2008) e 20 canadian poets take on the world ( Ontario, Edited and introduced by Priscila Uppal, Exile Editions , 2009) To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry (Dublín, Salmon Poetry, Mary O`Donnell y Manuela Palacios, 2010) e Contemporany Galician Poets (A poetry Review Supplement), selected and translated by Jonathan Dunne (2010) Foi invitada aos festivais internacionais de Barcelona, Rosario, A Habana, Bos Aires, Bratislava , Rotterdam e Antwerpen Nínive foi galardoado co premio Losada Diéguez e por Hordas de escritura recibiu o premio nacional da crítica e de novo o Losada Diéguez. Fotografía de Anxo Cabada


Libros de PATO, CHUS 5 libros.

POESÍA REUNIDA. VOLUMEN VII

LA PUERTA NATURAL

POESÍA REUNIDA. VOLUMEN III

POESÍA REUNIDA. VOLUMEN II

POESÍA REUNIDA. VOLUMEN I


POESÍA REUNIDA. VOLUMEN VII

LA PUERTA NATURAL

POESÍA REUNIDA. VOLUMEN III

POESÍA REUNIDA. VOLUMEN II

POESÍA REUNIDA. VOLUMEN I