VEGA, REXINA

Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que publicou numerosos artigos e estudos monográficos. Durante os anos noventa foi docente na área de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universitat Autònoma de Barcelona. Exerceu a crítica teatral na revista El Público e a crítica literaria para Quimera, Zurgai, Anuario de Estudos Galegos ou Grial, entre outras publicacións. Tamén foi colaboradora habitual da sección El trujamán do Centro Virtual Cervantes. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán. É Premio Sthendal e finalista do Premio Nacional de Tradución pola obra de Georges Perec El secuestro. Responsabilizouse da edición dos artigos ensaísticos de Suso de Toro Ten que doer. Literatura e identidade. Actualmente é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo. Cardume, a súa primeira obra literaria, mereceu o Premio Xerais de Novela 2007, á que sigue agora Dark butterfly (2012).


Libros de VEGA, REXINA 3 libros.

CARDUMEN

NADIE DUERME

CARDUMEN


CARDUMEN

NADIE DUERME

CARDUMEN