FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos " A cidade dos desexos " , o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron " As flores radioactivas " (1990), novela, Premio Merlín 1989; " Contos por palabras " (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; " Rapazas " (1993), relatos; " Trece anos de Branca " (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; " Cartas de inverno " (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; " Amor dos quince anos, Marilyn " (1995), novela; " O centro do labirinto " (1997), novela; " O laboratorio do doutor Nogueira " (1998); " Cos pés no aire " (1999), novela, Premio Raíña Lupa; " Aire negro " (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; " No corazón do bosque " (2001), novela; " Un tren cargado de misterios " (2001), conto; " Noite de voraces sombras " (2002), novela; " A praia da esperanza " (2003), conto; " O meu nome é Skywalker " (2003), novela, Premio Barco de Vapor; " Tres pasos polo misterio " (2004), relatos; " Fantasmas no corredor " (2005), conto; " Corredores de sombra " (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; " O único que queda é o amor " (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; " Lúa do Senegal " (2009), novela, Premio da AELG; " Valados " (2009), conto; " Non hai noite tan longa " (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; " Fantasmas de luz " (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; " Desde unha estrela distante " (2013), conto; " A viaxe de Gagarin " (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; " A neve interminable " (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e " O soño do Merlo Branco " (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro " O rastro que deixamos " (2012) e os seus ensaios sobre a lectura en " Un mundo de palabras " (2017). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.


Libros de FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN 4 libros.

EL VIAJE DE GAGARIN

MI NOMBRE ES SKYWALKER (LECTURA FÁCIL)

LOS DERECHOS DE LA INFANCIA

AIRE NEGRO


EL VIAJE DE GAGARIN

MI NOMBRE ES SKYWALKER (LECTURA FÁCIL)

LOS DERECHOS DE LA INFANCIA

AIRE NEGRO