GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO

Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988), colección Ventobranco; «Ventos» (1992), ilustrado por Ana G. Buhigas; «Lueiro de papel» (1995), ilustrado por María Antonia Pascual; «Na fogueira dos versos» (1996), ilustrado por Enjamio, Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética, ilustrado por Fino Lorenzo; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética, ilustrado por Fino Lorenzo; «Chove nos versos» (2004), ilustrado por Lázaro Enríquez; «Recendos de aire sonoro» (2011), ilustrado por Fino Lorenzo; «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, ilustrado por Xosé Cobas, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), ilustrado por Xan López Domínguez, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), ilustrado por Marcos Viso, e «Vento, ventiño, venteiro» (2019), ilustrado por María Lires. No eido da narrativa para mozos e mozas ten publicado en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002), ilustrado por Xosé Cobas; «Honorato, o rato namorado» (2007), ilustrado por Manuel Uhía, e «Verbas de sal» (2011), ilustrado por Alberto Vázquez. Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas.


Libros de GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO 4 libros.

LOS ECOS DEL VIENTO

Y LOS SUEÑOS, SUEÑOS SON

ESCRITOS EN LA GUERRA

POEMAR EL MAR


LOS ECOS DEL VIENTO

Y LOS SUEÑOS, SUEÑOS SON

ESCRITOS EN LA GUERRA

POEMAR EL MAR